Skip to main content
Cervo

Cervo porá en marcha unha nova edición do programa Avívate

Por 11 Maio, 2021Sin comentarios

O Concello de Cervo, a través das delegacións de Educación e Xuventude, que dirixen Dolores García Caramés e Denise Galán respectivamente, porán en marcha este verán unha nova edición do programa Avívate en Cervo, dirixido á mocidade de entre 18 e 35 anos.

Tal e como recordaron as concelleiras, a iniciativa de carácter gratuíta e que vai pola IV edición, tivo unha gran acollida desde os inicios, polo que apostamos por seguir ofrecéndolle á nosa mocidade de novo este verán “esta ferramenta formativa que consiste na realización dunha serie de actividades encamiñadas a dotalos da motivación e das habilidades precisas para o seu futuro, co obxectivo de contribuír a mellorar a súa empregabilidade nun mercado laborar cada vez máis competitivo”.

Neste senso, a actividade principal  será o curso de monitor de tempo libre, que se impartirá dende o 5 xullo ata o 18 de agosto en horario de 9:00 a 15:00 horas. O programa complétase cun curso de manipulador de alimentos e outro de primeiros auxilios, que se desenvolverán na Casa da Cultura. Ademais tamén está programada unha xornada de ioga impartida por unha especialista, unha visita á Escola Infantil Municipal para coñecer o seu funcionamento e un xantar de convivencia para todas as persoas asistentes.

As persoas interesadas en participar deberán cubrir as inscricións e entregalas antes do 31 de maio na Casa da Cultura ou no Concello. As prazas son limitadas. https://drive.google.com/file/d/1NGYVTu_kzSduhoZ_gBPbp2KNsenevW-D/view.

Caramés e Galán amparáronse na experiencia das edicións anteriores para animar a todos os mozos e mozas a participar  “neste programa que están demostrado que pode ser un bo complemento formativo e un apoio importante para o seu desenvolvemento persoal e profesional”.