Skip to main content
Cervo

Volve o programa Cervo a carón do voluntariado

Por 22 Maio, 2021Sin comentarios

O Concello de Cervo, a través da Delegación de  Educación que dirixe Dolores García Caramés, vén de convocar o programa  “Cervo a carón do voluntariado IV”, dirixido á mocidade de entre 16 e 30 anos. 

O obxectivo xeral do proxecto de voluntariado xuvenil é poñer en práctica a  implicación solidaria e o compromiso activo da comunidade moza coa  sociedade a través do desenvolvemento cultural e social. 

Ábrese a convocatoria para todos aqueles mozos e mozas que queiran  participar como voluntarios/as nas diferentes actividades previstas durante  todo o verán. As persoas interesadas poden recibir máis información no  teléfono 691 65 66 00 e deben presentar a súa solicitude na Casa da Cultura  de San Ciprián. 

O proxecto de Acción Voluntaria abrangue desde este mesmo mes de maio  (cando se desenvolverán diferentes actividades medioambientais) ata o 1 de  Outubro, de xeito que cada voluntario ou voluntaria colaborará nas iniciativas  propostas un máximo de 60 xornadas e 6 horas en cada unha. 

A delegada de Educación, Dolores García Caramés, puxo en valor a  importancia de dotar de ferramentas á xuventude que lle permita poñer en  práctica valores tan importantes como a solidariedade e o compromiso coa  sociedade. 

Entre as actividades nas que as persoas inscritas desenvolverán o  voluntariado están o apoio ás noites alternativas de verán –cunha importante aposta nesta ocasión polas disciplinas individuais a raíz do COVID-19-; o  apoio no Programa Concilia –dirixido ás crianzas e que se desenvolve  durante as vacacións de verán para favorecer a conciliación familiar-; ou o  apoio no ciclo de cine -que terá lugar este verán, con sesións tanto no  auditorio como ao aire libre-, “co que pretendemos fomentar así unha  experiencia adaptada ás novas necesidades de prevención do COVID-19”.