Skip to main content
Foz

Foz retirou dous valos publicitarios en Vilaxoane

Por 8 Maio, 2021Sin comentarios

 O Concello de Foz retirou dous valos publicitarios de grandes dimensións situados na entrada da vila, en Vilaxoane, que non estaban regulados.

O goberno municipal explica que “foi unha actuación contra o feísmo e desde o Concello imos seguir traballando nesta liña para embelecer outros lugares do municipio nos que tamén hai danos á paisaxe que é necesario corrixir”.