Skip to main content
Foz

O Concello de Foz participa no Proxecto Ríos

Por 28 Maio, 2021Sin comentarios

O Proxecto Ríos en Foz iniciarase no río Centiño para as inspeccións periódicas, tal e como informou o grupo nacionalista. O vindeiro venres 4 de xuño realizarase unha breve sesión informativa para inmediatamente iniciar unha actividade no río. Contarase para todo o Proxecto coa colaboración de Adega.

O Proxecto Ríos é unha iniciativa de concienciación, educación e participación cidadá en defensa dos nosos ríos, cordinado por Adega. Fundaméntase na realización de inspeccións do estado dos ríos galegos por parte de persoas ou grupos voluntarios a nivel local, co obxectivo final de facerse responsables da vixilancia (adopción) do río que pasa polo seu municipio ou localidade. Estas inspeccións realízanse como mínimo dúas veces ao ano, en base á metodoloxía e materiais de apoio proporcionados polo Proxecto Ríos que axudarán a cumplimentar as Follas de Inspección. Hai dúas campañas: a de primavera e a de outono, nas que se fan as inspeccións de río.

Os interesados a anotarse poden facelo no correo patrimonio.medioambiente@concellodefoz.es ou no 672121714 para facilitar unha mellor organización da actividade. Será o día 4 de xuño as 16:00 horas iniciándose no Teleclub de San Martiño.