Skip to main content
Lourenzá

Reabren as instalacións do ximnasio e a pista de pádel laurentinas

Por 31 Maio, 2021Sin comentarios

A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, anunciou que as instalacións deportivas municipais do ximnasio multiusos e da pista de pádel reabrirán o vindeiro martes 1 de xuño.

Os socios do ximnasio poderán reanudar a súa actividade con reserva previa dende as 11 da mañá ata as 23 horas de luns a domingo.
A pista de pádel tamén volverá a funcionar a partir do vindeiro martes. Todos aqueles que queiran darse de alta para o uso da pista de pádel deberán facelo neste enlace.

Para calquera dúbida os interesados poden contactar co Técnico de Deportes, Rubén G. Piñeiroa, no teléfono 610 916 696 ou no correo villaronte@gmail.com.