Skip to main content
Cultura AMARIÑAXARibadeo

Vilaframil, a veciñanza en defensa do rural

Por 7 Maio, 2021Decembro 18th, 2023Sin comentarios

Unha empresaria do sector turístico de Vilaframil emprende unha campaña reclamando o asfaltado das pistas do rural e contedores de reciclaxe.

Por Ana Somoza López.

Carmen, unha empresaria da parroquia de Vilaframil, propietaria de varios dotacións para o turismo rural, censura a negativa por parte do goberno local para arranxar as pistas e poñer uns colectores para a reciclaxe de de vidro e cartón.

“Nos tempos que vivimos temos que reactivar a economía e é difícil cando non contamos co apoio do Concello”, di Carmen.

Esta empresaria conta cunha casa de turismo rural nesta zona próxima a Rinlo, Casa Benito, ademais doutra vivenda turística. Agora, ten previsto realizar unha ampliación do seu negocio cunhas cabañas. Segundo explica, solicitoulle ao alcalde en diversas ocasións “o arranxo das pistas da parroquia en beneficio dos veciños da Madanela que sofren a diario, coma mín, o mal estado no que se atopan e para mellorar a imaxe do meu negocio que se ve moi afectado por este problema”.

Tamén teñen solicitado a instalación de contedores para o papel e o vidro para que os usuarios dos apartamentos e os propios veciños poidan reciclar. En calquera dos casos a resposta do goberno do BNG foi a mesma: “escusas, pero ningunha solución”. É máis, “non vemos ningunha intención por parte do equipo de goberno de apoiar aos negocios no rural”.

Explica tamén que o alcalde non está a apoiar as iniciativas no rural “xa que incluso para dar unha licenza de obras, tivemos que esperar 15 meses e eso non é de recibo”.

Carmen, como outros negocios do rural,  quéixanse “dunha maior atención ao centro en detrimento do rural pero é o alcalde de todos así que ten que mirar por todos nós”.

Engade que se trata de máis ou menos 500 metros de asfaltado, que están en pésimo estado. “Xa lle dixen que si non se podía aínda, que polo menos a rebachara, como se fai noutros lugares”.

Carmen invita ao alcalde a solicitar as axudas da Xunta para o amaño de camiños, “se o Concello de Ribadeo non pode facerse cargo, pero temos que seguir adiante cos nosos negocios”, recalca.

A súa loita está activa nas redes sociais pedindo o apoio dos veciños para contar con mesmos servizos e atención que na zona urbana. “Ribadeo vive do turismo e do comercio polo tanto debemos coidar precisamente eses sectores”.