Skip to main content
O Valadouro

O Valadouro aproba pedir á Xunta o arranxo da LU-161

Por 7 Maio, 2021Sin comentarios

O Concello do Valadouro aprobou por unanimidade solicitar á Xunta o arranxo da estrada LU-161 que une o municipio co de Viveiro.

Esta estrada ten o firme bastante deteriorado e ademais soporta moito tráfico pesado.

O voceiro do PP, José Manuel Lamela, propuxo engadir a moción o amaño da estrada de Alaxe pois o seu estado tamén é moi malo.

Por outra banda, aprobouse por unanimidade a proposta de Udival de arranxar e limpar o camiño de Tanín,xa que m oitos veciños pasan por el.