Skip to main content
Axenda Caducada

A Mariña sen plástico organiza unha nova limpeza no Vicedo

Por 14 Maio, 2021Maio 16th, 2021Sin comentarios

A asociación A Mariña sen plástico, volve organizar para o domingo 16 de maio ás 11.00 horas a limpeza na praia de Arealonga no Vicedo, xa que na anterior data, o domingo 9, tivo que suspenderse polo temporal.

Aconsellan levar luvas de traballo, calzado apropiado e moitas ganas porque van facer un bo labor nesta praia.

Para participar haberá que anotarse no formulario, así poderán saber a cantidade de xente que participará e ademais ter os datos de contacto por se houbera calquera problema. Tamén collerán os datos in situ.

A limpeza comeza ás 11:00 pero recomendan estar 15 minutos antes.