Skip to main content
O Vicedo

Cancelada outro ano máis a Romaxe Vikinga do Vicedo

Por 27 Maio, 2021Sin comentarios

A organización da Romaxe Vikinga do Vicedo comunicou a súa cancelación un ano máis, pois “este ano debido ás restriccións non podemos celebrala”.

Este ano, acadaría a sexta edición, e íase celebrar os días 24 e 25 de xullo.

O alcalde do Vicedo, Jesús Novo, dixo que estiveron esperaron ata o último momento para poder tomar unha decisión sobre a celebración.

“As circunstancias actuais obrigan a cumprir protocolos en celebracións e eventos públicos, respectar aforos, e a maiores, aconsellan a tomar decisións responsables coa situación sanitaria”, comentou.