Skip to main content
Viveiro

A hostalería viveirense manifestarase mañá

Por 31 Maio, 2021Sin comentarios

Os hostaleiros de Viveiro preparan unha manifestación para mañá martes 1 de xuño en defensa da hostalaría. Esta terá saída ás 20.00 horas desde a praza Maior ata o edificio da Consellería de Pesca en Celeiro, pasando pola avenida Ramón Canosa.

Esta mobilización faise en sinal de protesta pola difícil situación que está a atravesar o sector polos peches temporais e restricións de aforo cada vez que sobe a incidencia do covid-19.

Os hostaleiros do vivarienses convidan a todos os veciños a sumarse a este acto.