Skip to main content
Axenda Caducada

O multiusos de Monforte acollerá a obra O mozo da última fila

Por 2 Maio, 2021Maio 27th, 2021Sin comentarios

A programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios correspondente ó primeiro semestre de 2021 remata en Monforte de Lemos o xoves 27 de maio. Debido ás restricións sanitarias a representación comezará ás 20:00 h, o espectáculo realizarase como é habitual no Edificio Multiusos coa representación da obra O mozo da última fila da compañía Redrum teatro, obra escrita por Juan Mayorga, dirixida por Alex Sampayo e interpretada por Guillermo Carbajo, Roberto Leal, Belén Constenla, Mónica García, Machi Salgado e Rúben Porto.

Claudio é un estudante de dezasete anos que senta na última fila. Non fala, non participa, non é problemático, non destaca, salvo en Matemáticas. Cada clase fáiselle máis insoportable ata que Xermán, o profesor de Lingua e Literatura, manda escribir unha redacción sobre a fin de semana. A partir deste intre, Claudio empeza a transformarse en alguén que observa, imaxina e escribe a vida doutros nun relato por entregas para un só lector.

O prezo da entrada xeral para esta obra será de cinco euros e tres para desempregados, xubilados e estudantes, sendo o aforo limitado seguindo a normativa sanitaria no momento da realización do espectáculo.

Debido a situación sanitaria é obrigatorio o uso de máscaras, haberá que gardar a distancia de seguridade e usar a solución hidroalcohólica.

A venta de entradas farase dende unha hora antes da actuación, ás 19:00 h e a entrada o salón de actos realizarase ás 19:30 h.

Ese relato compartido polo discípulo e o mestre convértese nun xogo cada vez máis perigoso para eles e para quen os rodea. Un xogo que se disputa en dous taboleiros: o da vida e o da literatura.

Desde a súa estrea en 2006, “O mozo da última fila” leva 26 producións por todo o mundo e foi adaptada ao cinema por François Ozon, con guión do propio Mayorga e co título “Dans la maison”, Concha de Ouro no Festival de San Sebastián en 2012. A obra foi escollida en 2018 dentro do plan de fomento á lectura en varios institutos de secundaria.