Skip to main content
Axenda Caducada

Quiroga acolle unha conferencia sobre a fertilización das oliveiras

Por 3 Maio, 2021Maio 7th, 2021Sin comentarios

A Asociación AMIAQUIGAL organiza unha conferencia sobre a Fertilización das oliveiras, que se desenvolverá o vindeiro venres, 7 de maio , a partir das sete e media da tarde no Salón de Actos do IES de Quiroga.

A conferencia estará impartida pola enxeñeira técnica agrícola e membro de AMIAQUIGAL, Montserrat Liceras, que ten unha ampla formación no eido da olivicultura e é coñecida polas súas frecuentes colaboracións na valoración sensorial de aceites, na intervención, na recuperación de oliveiras e no asesoramento no inicio de explotacións.

Na conferencia abordarase a problemática da fertilización das oliveiras, co obxectivo de mostrar síntomas de desequilibrio observables sensorialmente e, que motiven unha valoración cualificada e una intervención que permita emendar estes erros de xeito compatible cos parámetros de calidade que corresponden á explotación.

Dende a asociación de amigos dos aceites de Quiroga e Gallaecia opinan que debido ao carácter emerxente da olivicultura na comarca pode haber certo descoñecemento en relación cos nutrientes que precisan as oliveiras, polo que o posible desequilibrio nutricional das oliveiras debe corrixirse para manter un produto de calidade, valor e caracteres cunha diferenciación singular.

Para participar nesta introdución ao diagnóstico e o tratamento de trastornos do abonado das oliveiras deberase cumprir as medidas sanitarias de mascara e distancia de seguridade. Este mesmo motivo, limita o aforo en torno a 50 prazas, polo que se require unha preinscrición (amiaquigal@gmail.com ou amiaquigal@hotmail.com), mediante comunicación de nome, DNI, domicilio e medio de contacto (teléfono, correo electrónico…) antes do 5 de maio, incidindo na certificación de asistencia, para o que será preciso ingresar 10€ na conta de AMIAQUIGAL. Para más información contactar por Teléfono, WhatsApp ou Telegram en 653108405.