Skip to main content
Axenda Caducada

Lugo celebrará o día de Europa con diversas actividades

Por 8 Maio, 2021Maio 9th, 2021Sin comentarios

O Concello de Lugo, a través de Europe-Direct Lugo, o centro de información europea da entidade local, celebrará mañá, 9 de maio, o Día de Europa cunha ampla programación de actividades para todos os públicos.  

Neste evento, a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, procederá á lectura dun manifesto en nome do Concello de Lugo no cal se escoitará o himno europeo (Novena Sinfonía de Beethoven) e tamén se procederá ao izado da bandeira, como símbolo de achegamento e hermanamento de todos os pobos da Unión Europea, terá lugar diante da Casa Consistorial se as condicións meteorolóxicas o permiten, no caso de intensa choiva o acto levarare a cabo no Salón de Actos do Concello.  

De 11.00h a 14.00h terán lugar un amplo ábano de actividades nas que se incluirán sesións de música e baile en directo, obradoiros para os nenos e nenas, así como un  circuíto de bicicletas eléctricas instalado na propia praza e sorteo de agasallos.  

Programación 

A praza Maior estará ambientada e decorada con globos xigantes en cor azul como chamada de atención para participar no evento. Ademáis de anunciar a través de cartelería as diferentes actividades e os diversos actos que se levarán a cabo.

A mañá estará amenizada por unha sesión do DJ lucense Marcos Peón, unha exhibición de diferentes bailes dunha escola lucense e o concerto de Foolmaker.

Así mesmo, e como novidade, instalarase un circuito de bicicletas eléctricos no lateral da Praza que farán as delicias dos asistentes á vez que transmitirán unha mensaxe dunha Europa Verde e sostible.  

Entre as actividades tamén está contemplada unha dedicada aos nenos e nenas de Lugo, con talleres lúdicos de máscaras de reciclaxe inspiradas na fauna europea. Ademais crearase un mural no que os nenos/as aprenderán a xeografía dos diferentes países europeos, lugares emblemáticos dos mesmos e diferentes linguas.  

Tamén se instalará un photocall e unha mesa informativa sobre os proxectos do Concello financiados con fondos europeos, especialmente a estratexia Edusi,  denominada Muramiñae: da Muralla ao Miño, cofinanciada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e do LIFE Lugo + Biodinámico proxecto de  3,5M€ financiado con fondos europeos que conseguiu o Goberno do Concello e grazas  ao que está a desenvolver novidosas iniciativas en favor dun urbanismo sostible.