Skip to main content
Axenda Caducada

Lois Pérez dará un recital na UNED de Lugo co gallo das Letras Galegas

Por 10 Maio, 2021Setembro 11th, 2021Sin comentarios

Lois Pérez Díaz dará un recital poético-musical na UNED de Lugo co gallo do Día das Letras Galegas. O prazo de matrícula está aberto e é gratuíta.

Realizarase presencial ou online, en directo ou en diferido, ao aire libre o vindeiro xoves 13 de maio, en horario de 19:00 a 20:00 horas.

O autor conta que “titulei o recital baixo o nome de Uni-versos á distancia, nun xogo obvio coa UNED pero que me serve parafalar non só dos versos e os universos, senón tamén da distancia. Non me vou poñer tan transcendental ese día farei que o pase ben a xente que vaia e que se ria, pero a distancia é unha magnitude que hoxe en día pérdese, ao igual cá cercanía ou a proximidade, as redes sociais eliminaron -case- esta noción de distancia, que penso é importante para a comunicación e a relación coas demais. Na medida en que se borra esta distancia, bórrase tamén o que preservamos de nós e non mostramos na relación cos demais. Aparentemente é máis doado comunicármonos, pero ao mesmo tempo a eliminación da distancia unicamente fai que nada do que portamos quede preservado, oculto, descoñecido… A repetición do igual onde só importamos nós e non importa ninguén máis…Deriva nunha certa frustración esta sobreexposición aos demais e ás redes, sen distancia, sen ritual, sen narrativa, so o eu proxectado nos demais…. E penso que fronte a isto, entre outras moitas cousas, a poesía, o humor, a literatura, a lingua, contribúe a recuperar o noso espazo e comunicármonos mellor, encontrármonos coas demáis”.

Lois Pérez Díaz Mestre é poeta, dramaturgo, contador de historias e humorista, e o centro da súa actividade artística é a narración oral
e a escrita.