Skip to main content
Axenda Caducada

Castro de Rei acollerá a presentación do libro O mundo nun puño de remol

Por 8 Maio, 2021Xuño 3rd, 2021Sin comentarios

O próximo 3 de xuño ás 18:00 horas coincidindo coa celebración dos cento vinte e cinco anos do nacemento do poeta Xosé Crecente Vega, terá lugar en Castro de Rei a presentación do libro  O mundo nun puño de remol (poesía póstuma).

Esta obra, publicada pola editorial Espiral Maior, a iniciativa Comisión Crecente Vega e co apoio do Concello de Castro de Rei, recolle os poemas inéditos do autor, gran referente da poesía galega.