Skip to main content
Axenda Caducada

O CB Chantada xoga esta semana a fase de ascenso a LEB prata

Por 11 Maio, 2021Maio 15th, 2021Sin comentarios

Este xoves 13 de maio, ás 16:30 horas, o Ucoga CB Chantada comeza a fase de ascenso a LEB prata, que se celebrará en Salou. O equipo xogará o primeiro partido contra o CB Fuenlabrada, un dos candidatos ao ascenso tras liderar o seu grupo durante case toda a liga regular. O seguinte encontro disputarase o venres, 14 de maio, contra o Sant Antoni Ibiza Feeling ás 16:30 horas e, finalmente, o último partido será o sábado, 15 de maio, ás 19:00 horas contra o UE Mataró, equipo con máis traxectoria na liga EBA de todo o subgrupo 1.

A fase de ascenso da Liga EBA tamén terá sede en Valencia onde o grupo 2 disputará os correspondentes partidos. O CB Chantada chega a esta fase de ascenso despois de loitar durante varias tempadas na zona alta da clasificación e cun proxecto consolidado.