Skip to main content
Axenda Caducada

Abadín acollerá un curso de hixiene postural

Por 13 Maio, 2021Maio 25th, 2021Sin comentarios

O Concello de Abadín acolle un curso de mobilizacións e hixiene postural que será o martes 25 de 16.30 a 20.00 horas.

Con este taller o que se pretende é proporcionar os coñecementos básicos que aplicados no día a día que farán que o coidador familiar optimice os seus esforzos, ao mesmo tempo que realiza as súas tarefas de atención e coidado á persoa en situación de dependencia, como mobilizacións, transferencias e cambios posturales.

Este esforzo continuo no tempo pon en risco a saúde física do coidador complicándose máis a situación. Por iso é importante concienciar ao coidador da necesidade de coidarse a sí mismo, para poder seguir prestando a axuda tan necesaria a persoa en situación de dependencia.

Por outra banda, o venres 14 comezará un curso de prevención de riscos na construción. Un curso da Fundación Laboral da Construcción que será en horario de 9 a 15 horas. Haberá un máximo de 25 persoas.