Skip to main content
Axenda Caducada

Este domingo celébrase a primeira xornada do festival Osa do Mar de Burela

Por 14 Maio, 2021Maio 16th, 2021Sin comentarios

O Osa do Mar de Burela, que chega este ano á súa sétima edición, terá o seu primeiro asalto este domingo, 16 de maio para deixar para o 24 e 25 de setembro a segunda xornada musical. Por mor da pandemia, haberá cambios no propio festival, xa que só haberá como único escenario a casa da cultura de Burela.

Así, o día 16 ás 19.00 horas haberá un coloquio sobre o estado do Galego na música. Con Emilio López (Skornabois e Safari Orquestra), Manolo Maseda (Diplomaticos de Monte Alto), Nuno Pico (Grande Amore, Oh! Ayatollah e Skolhma) e Antía Muiño (cantautora).

Xa ás 20.00 horas será o concerto de Antía Muíño e ás 21.00 horas o de Grande Amore.

As entradas, 10 euros cos gastos de xestión incluidos, poderanse mercar a partir do mércores 5 de maio ás 12.00 horas na web www.entradium.com.