Skip to main content
Axenda Caducada

Volve a San Cibrao o Campus de baloncesto EntreNos

Por 18 Maio, 2021Xullo 2nd, 2021Sin comentarios

San Cibrao acolle de novo o Campus de Baloncesto EntreNos, que terá lugar na vila entre o 27 de xuño e o 2 de xullo. Esta edición, chamada 2.1 Campus Basket Entrenós centrarase máis no baloncesto, en mellorar individualmente e en recuperar horas de competición.

Isto farano limitando a participación a 48 prazas, para así organizar grupos de 12 ben diferenciados. A maiores, este ano o rango de idade limítase para idades comprendidas entre os anos 2004 ao 2009 (ambos incluídos), así tamén se aseguran en que os grupos sexan máis compactos.

Cos grupos consolidados, máis adestramentos e tácticas por parte do equipo técnico, as tardes destinaranse a competicións 3×3, 4×4 e 5×5. Este campus será no pavillón da Veiga, no Ceip Península da Paz e na piscina olímpica.

O Campus adecuase as normas sanitarias esixibles máis a limitación de participantes, por iso xerarán unha burbulla perfecta, coa obrigatoriedade de máscara, uso de xel, limpeza constante de instalacións e test de antícenos á chegada dos participantes.

Contan cun experimentado staff técnico que axudarán día a día aos nenos, ademais de que haberá visitas diarias de adestradores referentes do baloncesto que se centrarán en potenciar a habilidade de traballo en equipo mediante tácticas específicas.

A organización puxo en funcionamento a web http://campusbasketsanciprian.com/ onde dan cumprida conta de todo canto rodea ao Campus e poñen a disposición dos interesados o teléfono de contacto 653.48.94.06.