Skip to main content
Axenda Caducada

Friol acollerá un curso de mobilizacións e hixiene postural

Por 16 Maio, 2021Xuño 12th, 2021Sin comentarios

O Concello de Friol acolle un curso de mobilizacións e hixiene postural que será o 12 de xuño en horario de 10 a 13 horas no centro social.

Con este taller preténdese mellorar a información e comprensión da enfermidade por parte dos pacientes, familiares e cidadáns en xeral. Proporcionar aos coidadores, familiares e pacientes as habilidades e coñecementos necesarios para mellorar a calidade de vida no ámbito familiar. Ademais de fomentar a autonomía a todos os membros da familia.

Este curso está destinado a pacientes, familiares, coidadores de persoas dependentes e cidadanía en xeral.