Skip to main content
Axenda Caducada

O Incio programa un concerto o primeiro sábado de xuño

Por 19 Maio, 2021Xuño 5th, 2021Sin comentarios

O Concello do Incio programa un concerto de Atlantic Mozart Flute Quartets na Igrexa de San Pedro Fiz en Hospital do Incio para o vindeiro sábado día 5 de xuño ás 20:00 horas.

A actuación baixo o título Mozart á galega consistirá nun recital da integral dos cuartetos para frauta e trío de cordas de W.A. Mozart con temas tradicionais galegos. 

Este recital será previo a gravación na mesma igrexa dun disco que será publicado por Edicións Xerais de Galicia dentro dun libro escrito por Fina Casalderrey sobre unha evocadora visita de Mozart a Galicia. 

O concerto, que terá unha hora de duración, será de entrada libre ata completar o aforo, que se axustará á normativa sanitaria en vigor nese momento.

A Integral dos Cuartetos para Frauta e trío de cordas está formada por: Luis Soto coa frauta travesa, David García co violín, Ioana Ciobotaru coa viola e Millán Abeledo co violoncello.

O recital será interpretado cunha frauta de madeira de finais do século XIX.