Skip to main content
Axenda Caducada

Vilalba presenta o libro que recolle o poemario gañador do certame literario

Por 25 Maio, 2021Maio 28th, 2021Sin comentarios

O Concello de Vilalba organiza este venres, día 28 de maio, a presentación do libro que recolle o poemario gañador no XLVI Certame de Poesía do Concello de Vilalba.

Xerardo Quintiá presentará Obra inacabada de Dosinda Christensen ás 20:00 horas na Casa da Cultura de Vilalba.

Poeta, narrador e autor de literatura xuvenil e infantil, Quintiá naceu en Friol en 1970. En 1984 trasládase a Lugo para realizar estudos de Bacharelato, cidade na que reside desde entón. Está casado, ten un fillo e traballa como axente comercial.

Como poeta ten publicado Aailalalalelo de auga, Do4 Edicións (2001); Poesía en Ruta, premio Fermín Bouza Brey, Espiral Maior 2007; Fornelos & Fornelos, primeira fundación, premio Fiz Vergara Vilariño, Espiral Maior (2011); Fornelos & Fornelos, segunda fundación, premio Eusebio Lourenzo Baleirón, Sotelo Branco (2016), e Fornelos & Fornelos, terceira fundación, premio Lueiro Rey (Xerais, 2019).

Por motivos de aforo, as persoas interesadas deberán inscribirse previamente, no teléfono 982510761 ou no mail cultura@vilalba.es