Skip to main content
Axenda Caducada

O Burela FS proclama mañá a nova directiva

Por 27 Maio, 2021Maio 28th, 2021Sin comentarios

O Pescados Rubén Burela FS convoca asemblea de socios para mañá venres, 28 de maio, no pavillón Vista Alegre de Burela, para oficializar a nova xunta directiva. A primeira primeira convocatoria queda fixada para as 17.00 horas e segunda para as 17.30 horas (horario marcado en función da dispoñibilidade das instalacións).

En virtude do artigo 6 do regulamento electoral do club, ao concorrer unha soa candidatura procederase á súa proclamación na antedita xuntanza.

A presidencia estará ao cargo de Manuel Blanco Fanego, con Cesarina Fanego Mon e José Luis Sáez Castro como vicepresidentes. A secretaría estará a cargo de José Ángel Dovale Gradaílle e a tesourería de Alfredo Veiga Rego.

Finalmente serán vogais Alba Vila Reija, Alberto Fernández Rouco, Juan Antonio Ródenas Martínez, Antonio Couto Díez, Luis Antonio Guillén Menéndez, Rubén Blanco Fernández, Auditor Rodríguez Lombardía e Carlos Díaz Riesgo.