Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAComarca LUGOXAComarca RIBEIRASACRAXAComarca SARRIAXAComarca TERRACHÁXA

Feijóo anuncia a desaparición do toque de queda e do peche perimetral

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, explicou este xoves as novas medidas que rexerán en Galicia unha vez que conclúa o estado de alarma, previsto para á medianoite do domingo 9 de maio.

Galicia, no seu conxunto, deixará de estar en peche perimetral polo que poderá entrar ou saír da comunidade sen ningún tipo de restrición aínda que Sanidade manterá un rexistro de viaxeiros no que deben anotarse as persoas chegadas desde unha zona de incidencia alta. Se viaxan con certificado de vacinación só terán que certificar que recibiron a dose. Se non o teñen, faráselles unha proba.

  • Os peches perimetrais manteranse unicamente nos municipios que superen os 500 casos activos a 14 días e os 250 casos a 7 días, é dicir os que están en alerta máxima. Neste momento non hai ningún lugués nesta situación.
  • Elimínase o toque de queda desde a medianoite do sábado ao domingo. O sábado xa non haberá toque de queda, xa que tería só efecto dunha hora (entre as 23.00 e as 0.00 horas). Esta medida manterase para os municipios en situación de risco extremo (máis de 250 casos a 7 días ou 500 a 14).
  • Amplíanse os horarios da hostalería: os bares e cafeterías poderán abrir ata as 23 horas e os restaurantes ata a 1.00
  • Limitación de reunións de non conviventes entre as 1.00 e as 6.00 horas.
  • Ampliarase a actividade exterior nos centros de maiores, así como as visitas.
  • Tamén se permitirá o contacto físico nos centros de maiores.

Nos tres estados de alerta que rixen en Galicia a situación quedará do seguinte xeito:

  • Nivel máximo: toque de queda ás 23.00 horas, peche perimetral e hostalería pechada, salvo para recollida ou envíos a domicilio).
  • Nivel alto: non hai toque de queda, liberdade de movementos e hostalería só aberta en terrazas ao 50%. A Pastoriza.
  • Nivel medio-alto: non hai toque de queda, liberdade de movementos e hostalería aberta en terrazas ao 50% e en interiores ao 30%. Chantada e Meira.

O presidente da Xunta avanzou que algunhas destas medidas como manter o toque de queda nos concellos máis afectados ou a limitación de reunións nos domicilios deberá ser refrendado polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.