Skip to main content
Uncategorized @gl

Baixan os casos pero soben os hospitalizados de novo

Por 9 Maio, 2021Maio 20th, 2021Sin comentarios

A provincia de Lugo estrea este novo tempo sen toque de queda cunha nova xornada de contención do virus pero cun novo aumento de persoas hospitalizadas. Así, este domingo hai 221 casos activos, 7 menos que onte, cando na xornada anterior o aumento foi de 5.

Diagnosticaron nas últimas 24 horas 11 casos novos (onte foron 13). Ademais, as altas chegaron ás 11.117, 20 en 24 horas, o día anterior foron 10.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 12.557 casos rexistrados e 214 persoas falecidas.

Respecto á presión hospitalaria, aumenta por segunda xornada consecutiva. Na UCI queda 1 persoa ingresada e en planta ahora son 7 (1 máis). 5 están no Hula (1 máis) e 2 Monforte.

O sistema de alerta, que está establecido en 4 niveis, mantense con tres concellos con restricións:

  • Máxima. Para incidencia maior de 500 casos por 100.000 habitantes.
  • Alta. Para incidencia de 250 a 500. A Pastoriza.
  • Media. Para incidencia de 150 a 250. Meira e Chantada.
  • Baixa. Por debaixo de 150. O resto da provincia.

POR COMARCAS

Incidencia leve na maior parte dos concellos, onde non hai volume de contaxios destacados.

A Mariña

  • Incidencia leve en Viveiro, Ribadeo e Alfoz. Únense Burela e Foz.
  • Sen casos novos máis de 15 días están Ourol, O Valadouro, A Pontenova, Riotorto, O Vicedo, Xove e Barreiros.
  • Sen casos novos na última semana está Mondoñedo, Cervo, Trabada e Lourenzá.

Terra Chá

  • A Pastoriza, en alerta alta, volve ter casos.
  • Friol, Vilalba, Pol, Guitiriz, Xermade e Cospeito teñen casos pero con incidencia leve.
  • Meira, que segue en alerta media, está xa con incidencia baixa.
  • Outeiro de Rei e Castro de Rei están sen casos en 7 días. Únese Pol.
  • Sen positivos dende hai máis de quince días están: Abadín, Muras, Begonte, Rábade e a veciña As Pontes.

Centro da provincia

  • Os casos en Lugo seguen baixando. Son 84 (5 menos).
  • Cervantes, A Fonsagrada e Palas teñen casos pero con baixa incidencia. Únese O Corgo.
  • Leva unha semana sen casos Becerreá.
  • Limpos de covid nos últimos quince días están: Negueira de Muñiz, Navia, Portomarín, Baleira, Guntín, Antas de Ulla, Monterroso, Castroverde, Pedrafita, As Nogais, Baralla e Ribeira de Piquín.

Comarca de Sarria

  • Láncara e O Páramo teñen casos pero con baixa incidencia.
  • Paradela leva xa unha semana sen novos contaxios. Únese Sarria.
  • Triacastela, O Incio e Samos seguen limpos de covid dende fai dúas semanas polo menos.

Ribeira Sacra

  • Carballedo e Pantón teñen casos pero con incidencia leve. Únese Folgoso do Courel tras semanas limpo.
  • Chantada reduce un caso, a 27, e segue en alerta media.
  • Monforte leva limpo unha semana.
  • Sen casos en máis de quince días: Ribas de Sil, Taboada, Bóveda, O Saviñao, Sober, A Pobra de Brollón e Quiroga.