Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAComarca LUGOXAComarca RIBEIRASACRAXAComarca SARRIAXAComarca TERRACHÁXA

A UNED organiza un curso sobre a inclusión do alumnado autista

A UNED de Lugo ofrece formación sobre o Programa de patios, para favorecer a inclusión na escola do alumnado con Trastorno do Espectro Autista e para o que xa está aberto o prazo de matrícula.

Na segunda edición do curso Programa de patios. Recreos inclusivos para alumnado con Trastornos do Espectro Autista, ensinarase a fomentar a participación activa do alumnado con autismo mediante diferentes xogos e actividades durante o recreo escolar xunto ao resto do alumnado, así como, a deseñar espazos que promovan unha maior igualdade e inclusión que contribúan ao benestar das persoas e a favorecer a autoestima e adquisición de habilidades sociais, previndo posibles casos de illamento ou de acoso escolar.

Será impartido por Mª Inés Flores Lozano, educadora social, técnico especialista en integración social, familiar, educativa e laboral
(persoas con discapacidade) e presidenta Asociación Raiolas Lugo.

Realizarase presencial ou en liña, en directo ou en diferido, do 10 ao 13 de maio, en horario de 16:00 a 18:30.