Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAComarca LUGOXAComarca RIBEIRASACRAXAComarca SARRIAXAComarca TERRACHÁXA

Ábrese o prazo de preinscrición para másteres oficiais da UNED

Por 23 Maio, 2021Sin comentarios

Mañá ábrese o prazo de preinscrición para másteres oficiais curso 2021-2022 na UNED. O prazo ordinario de preinscrición/admisión é do 19 de maio ao 5 de xullo de 2021.

Coa excepción dos seguintes estudos, cuxo prazo finaliza o 2 de xuño de 2021, o Máster Universitario en Estudos de Xénero, Máster Universitario en Formación do Profesorado de Educación, o Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, F. P. e Ensino de Idiomas, Máster Universitario en Enxeñería e Ciencia de Datos, Máster Universitario en Innovación e Investigación en Educación
Máster Universitario en Intervención Educativa en Contextos Sociais, Máster Universitario en Investigación en Intelixencia Artificial
Máster Universitario en Prevención de Riscos Laborais; Seguridade no Traballo, Hixiene Industrial e Ergonomía e Psicosociología

As persoas interesadas deberán realizar a preinscrición exclusivamente en liña.

A matrícula nos estudos de máster realizarase tamén exclusivamente en liña a través da páxina web da UNED do 7 de xullo ao 21 de outubro de 2021 para os novos estudantes e desde a autorización da solicitude de continuación de estudos ata o 21 de outubro de 2021 para os estudantes antigos.