Skip to main content
Becerreá

A música tradicional chegou ao colexio de Becerreá

Por 2 Maio, 2021Sin comentarios

Tradescola, escola de música tradicional galega que xestiona a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s na cidade de Lugo, retomou de novo o mércores 28 as súas actividades de promoción e difusión da música e do baile tradicional na provincia. Concretamente, achegouse ata o concello de Becerreá, ao CEIP San Xoan de Becerreá para impartir unha nova xornada de música tradicional para escolares. Con estas xornadas, que contan coa axuda da área de Cultura da Deputación de Lugo, a Tradescola pretende achegar á comunidade escolar a nosa música e a nosa cultura tradicional, dun xeito ameno e didáctico a través dos concertos impartidos nos distintos centros.

Realizáronse dous concertos, que estiveron impartidos polos mestres da Tradescola, Roberto Rodríguez, Miguel Anxo López. Alberto Núñez e Bruno Villamor. Así mesmo, nos propios concertos amosouselle ao alumnado os distintos instrumentos, ritmos, e melodías protagonistas da música tradicional e popular galega.

Os concertos didácticos realizáronse no exterior e cumprindo as medidas fronte á Covid 19.

Dende a Tradescola queren destacar o traballo que realizan “para poder transmitir os coñecementos das nosas tradicións da mellor maneira posible ás novas xeracións, para que saiban conservalos, respectalos e poñelos en valor. Estos concertos son moi importantes para a Tradescola, xa que estes posibles novos músicos e bailadores serán os que xoguen un papel básico no futuro das nosas tradicións, da nosa música, canto e baile e como non, tamén da nosa lingua”.