Skip to main content
Cervantes

Aprobadas as obras de mellora na estrada que une Doiras e O Piornedo

Por 19 Maio, 2021Maio 20th, 2021Sin comentarios

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, anuncia que a institución provincial vén de aprobar na Xunta de Goberno o proxecto e a licitación por un importe de 190.000€ de novas obras de mellora da LU-P-1401, que une Doiras e O Piornedo, no concello de Cervantes.

Con estes traballos, a Deputación mellorará 8 tramos desta importante vía dos Ancares cara o límite provincial con Asturias, entre os puntos quilométricos 12,6 e o 19,1 e consistirán na ampliación da plataforma existente mediante movementos de terras contidos e localizados, ampliar as obras de drenaxe existentes e afirmar a calzada. O prazo de execución estimado é de 3 meses.

Trátase dunha estrada que discorre na súa totalidade pola Reserva da Biosfera dos Ancares, polo que a Deputación buscará realizar unha actuación cun impacto ambiental mínimo, descartando calquera actuación que implique grandes movementos de terras o cambios na configuración da paisaxe.

A mellora da mobilidade é unhas das prioridades marcadas polo Presidente no Orzamento da Deputación para este ano 2021, no que decidiu aumentar as partidas para as estradas nun 14%, ata acadar os 16M€. Unhas estradas en boas condicións, subliña Tomé Roca, son necesarias para aumentar a calidade de vida dos veciños e veciñas, e favorecer a igualdade de oportunidades e o reequilibrio territorial.