Skip to main content
A Fonsagrada

Curso de prevención en construción en A Fonsagrada

Por 3 Maio, 2021Sin comentarios

Nova formación de nivel básico de prevención en construción e PRL específico por posto de traballo. Estará impartido pola fundación laboral da construción, en colaboración co Concello de A Fonsagrada.

A formación é gratuíta e está destinada a desempregados, autónomos e traballadores da construción. O lugar onde se impartirá será no propio Concello da Fonsagrada e as solicitudes poderanse presentar antes do 7 de maio. Para máis información ou para calquera dúbida, pódese contactar a través do telefóno 982750038 ou do correo bfernandez@fundacionlaboral.org.