Skip to main content
Axenda Caducada

A exposición Kinetiko xa se atopa no Vello Cárcere

Por 1 Maio, 2021Xuño 30th, 2021Sin comentarios

O concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, visitou a exposición Kinetiko, que estará no Vello Cárcere até o vindeiro 30 de xuño. A exposición, organizada pola compañía teatral Trécola, contén nove pezas únicas, deseñadas e construídas por Ero Vázquez e Manu Taboada.

En Kinetiko poden atoparse personaxes musicais, que a partires de mecanismos crean sons e ritmos, historias e contos que nacen co movemento dunha manivela ou efectos especiais utilizados tradicionalmente no teatro e no cine, entre outras pezas. Felipe Rivas afirmou que “é unha exposición para toda a familia, na que se poderán descubrir historias a través dos mecanismos de cada peza”.

A exposición Kinetiko pode visitarse nas celas de mulleres do Vello Cárcere, no seu horario de apertura habitual, de domingo a mércores de 11 a 14 e de 17 a 20:30, e de xoves a sábado de 11 a 14 e de 17 a 22:30 horas.