Skip to main content
Lugo

Comeza a limpeza e o arranxo dos bancos da Praza Maior

Por 5 Maio, 2021Sin comentarios

A concellería de Medio Ambiente comezou onte os traballos de limpeza e arranxo dos bancos de madeira da zona verde da Praza Maior.  

O edil responsable, Miguel Fernández, supervisou o inicio destas labores. “Actuaremos nos 60  bancos, e procederemos a limpialos, lixalos e pintalos, e a cambiar os listóns rotos por uns  novos en aqueles casos que sexa necesario”.  

O concelleiro aproveitou para pedir a cidadanía que contribuíse a manter a cidade en condicións  no día a día con pequenos xestos que permitan respectar os espazos comúns e o mobiliario  urbano, “e usándoo, como son as papeleiras, porque é unha obriga de todos, concellos e  veciñanza, preservar e manter o noso querido Lugo coidado”.