Skip to main content
Axenda Caducada

Exposición sobre Pardo Bazán na biblioteca pública de Lugo

Por 5 Maio, 2021Maio 14th, 2021Sin comentarios

A Biblioteca Pública de Lugo, dependente da Xunta, acolle ata o vindeiro 14 de maio a exposición Emilia Pardo Bazán, unha muller adiantada ao seu tempo, que divulga a figura e a obra da escritora, intelectual e pioneira no pensamento feminista.

O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitaron esta tarde a mostra, que inclúe as obras da autora que forman parte do fondo patrimonial do centro, publicadas antes do 1958. Tamén se recollen novas edicións do seus traballos e títulos sobre a súa vida e a súa produción literaria e xornalística; así como o epistolario cuxo destinatario era Benito Pérez Galdós. 

Neste centenario do pasamento da autora, a biblioteca da Xunta en Lugo desenvolverá outra programación dirixida a público de todas as idades para poñer en valor o seu legado, como o faladoiro Emilia Pardo Bazán, unha mente poderosa, a cargo de María Canosa. Será o 12 de maio ás 18.00 horas e está dirixido a 10 nenos e nenas a partir de 8 anos e 10 adultos. Cómpre inscribirse previamente na sala infantil da biblioteca ou ben chamando por teléfono.