Skip to main content
Lugo

O abono das expropiacións de Infanta Elena finaliza este venres

Por 5 Maio, 2021Sin comentarios

65 parcelas, 33 se expropiarán e outras 32 serán ocupadas temporalmente. Suman preto de 5.500 m² de terreo, pertencentes a 65 propietarios aos que o Concello de Lugo comezou hoxe a compensar con 132.639 euros.

A alcaldesa, Lara Méndez – acompañada polo edil de Sostibilidade Urbana, Álvaro Santos – asinaba esta mañá unha das actas de pago, que se saldarán ao completo esta semana, logo dun proceso que se prolongou no tempo, primeiro pola magnitude da operación pero tamén polos condicionantes que impuxo a pandemia. “Xa que non só houbo unha decena de alegacións a este proxecto de expropiacións, que tivemos que resolver, senón que tamén algunhas delas foron tidas en conta o que obrigou a modificar o documento dilatando a súa aprobación definitiva”.

A rexedora indicou hoxe que, despois das sucesivas citacións previstas até o venres coas que se liquidará o abono total das compensacións económicas aos titulares dos predios, estes serán cedidos a vindeira semana á Deputación Provincial, “que xa poderá iniciar de inmediato as obras ao ter chegado a un acordo coa empresa concesionaria dos traballos para non rescindir o contrato, polo que a adxudicación inicial segue en vigor”, anunciou Méndez.

Novos espazos para o esparexemento público.

“O desdobramento de Duquesa de Lugo – abondou a alcaldesa – permitirá non só ampliar a calzada para dotala de dous carrís de circulación en cada sentido, con itinerarios peonís accesibles en ambas marxes e carril bici, senón que tamén se humanizará a vía, incluíndo solucións de mobilidade sustentables e efectivas que concilien a transeúntes e ciclistas”.

O treito afectado polas obras – comprendido entre o cruce coa rúa Monte Faro e a rotonda de intersección coa Avenida Paulo Fabio Máximo – pasará a contar, así mesmo, cos servizos de abastecemento, saneamento e iluminación pública, tendo en conta a situación actual e as demandas futuras como pode ser o desenvolvemento de solo urbano non consolidado e do chan urbanizable previstos no PXOM.

A intervención redundará igualmente nunha mellora das condicións de seguridade do tráfico, nun punto da capital con moito tránsito xa que se trata dun dos principais accesos de entrada ao centro da cidade.