Skip to main content
Lugo

Lugo como único concello en Galicia que disporá dunha oficina de Europe Direct

Por 6 Maio, 2021Sin comentarios

Con alta puntuación por parte da UE, o Concello renova ata o 2025 a xestión das oficinas de Europa Direct co desafío de acadar a participación da veciñanza no futuro europeo.  

Lara Méndez destaca o traballo realizado nestas oficinas en 12 anos e a importancia de “que confíen en nós de novo nun momento clave de recuperación post pandemia”.  

A representación da Comisión Europea ven de anunciar que Lugo repetirá como único concello en Galicia que disporá dunha oficina de Europe Direct, dependente da área municipal de Desenvolvemento Local e Emprego, tras alcanzar unha moi alta puntuación polo traballo desenvolvido durante estes anos para informar e involucrar á cidadanía nos asuntos europeos.  

Ademais, a Comisión avanzou que as oficinas de Europe Direct que quedarán en España, un total  de 37, están deseñadas como “unha nova xeración de centros nos que o papel que xogarán é máis esencial que nunca”, segundo palabras de María Ángeles Benítez, directora de la  Representación de la Comisión Europea en España. “O seu labor é o de conectar as Institucións da UE e os cidadáns, á vez que explicar como Europa loita contra a pandemia da COVID-19,  impulsa a transición verde e dixital a través de NextGenerationEU ou animar aos cidadáns para  involucrarse no debate da Conferencia sobre o Futuro de Europa”, explicou.  

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, agradeceu a gran labor realizado polos traballadores involucrados no concello na xestión desta oficina, “xa que levamos 12 anos axudando a crear Europa, e volvemos renovar a confianza no noso labor outros catro anos, ata o 2025, nun  momento, ademais, tan importante para a reconstrución da cidade en tempos postpandemia”.  

A Europe Direct, instalada no Centro de Emprendemento Municipal (CEI-Noduis) ofrece aos  cidadáns información sobre asuntos europeos, é tamén serve de impulso cara a participación da  veciñanza en cuestións relacionadas co futuro da Unión Europea. De tal xeito que os centros  contribúen a achegar prioridades, oportunidades e retos da UE.  

Ademais, os centros Europe Direct axudarán á Comisión Europea a adquirir unha visión xeral  das sensibilidades locais relacionadas coas políticas da UE e promoverán a cidadanía europea  activa nas escolas.