Skip to main content
Lugo

OCBD trae as propiedades terapéuticas do CBD a Lugo

Por 24 Maio, 2021Sin comentarios

Unha iniciativa de tres mozos lucenses que venden derivados do cáñamo

OCBD nace en Lugo para dar alternativas terapéuticas. Creada por tres mozos lucenses, esta cooperativa luguesa comercializa produtos derivados do cáñamo industrial na súa tenda situada nas galerías da praza de Santo Domingo nº 2 de Lugo. Ademais, tamén subministra de forma online en www.ocbd.es.

Os produtos CBD contan cunha serie de propiedades terapéuticas como antiinflamatorio, analxésico, antioxidante, ansiolítico, anticonvulsivante, neuroprotector e antiemético, entre outras.

Todas estas vantaxes permiten aos consumidores de CBD mellorar a súa saúde en doenzas comúns como o estrés e a ansiedade, problemas para durmir, dores musculares e das articulacións entre outros.

OCBD está especializada en produtos con contenido de Cannabidiol (CBD). Esta tenda ofrece aceites, cosméticos, flores e infusións de cáñamo industrial e ampliarán a súa gama de produtos nos vindeiros meses.

Ademais, desenvolverán unha proba piloto con dúas hectáreas de cáñamo industrial para producción de semente: “A nosa intención nos próximos anos é ter unha liña de cultivo de cáñamo industrial ecolóxico para a venda de semente”, engade un dos socios.

O CBD é un dos cannabinoides primarios que se atopan na marihuana e o cáñamo industrial.

INVESTIGACIÓN. En 2021 a Organización Mundial da Saúde (OMS) confirmou que o CBD ten propiedades terapéuticas confirmando o seu uso beneficioso para o ser humano. Non só non ten efectos psicoactivos sobre o organismo, senón que tampouco ten efectos nocivos para a saúde nin xera adicción.

En 2017 a Hardvard Medical School publicou un estudo avaliando a efectividade do CBD para axudar con tratamentos para as dores crónicas, as náuseas provocadas pola quimioterapia, a fibromialxia, problemas de sono e epilepsia entre otras.

O cannabidiol (CBD) é un fitocannabinoide “sobre o que se leva moitos anos investigando e hai evidencias científicas de que é moi bo para axudar cunha serie de doenzas, sendo un remedio completamente natural”, explica outro dos socios de OCBD.

Finalmente, comentan sobre a industria que “o mercado do CBD está completamente establecido en Estados Unidos, sendo unha das industrias de maior crecemento nos últimos anos, no caso de Europa e España o boom leva practicamente dous anos e seguindo esta corrente creamos o noso proxecto para traer a Lugo as vantaxes do CBD”.