Skip to main content
Lugo

Fitur acolle a presentación da campaña ‘Lugo Km 100, Lugo é o teu centro’

Por 20 Maio, 2021Maio 21st, 2021Sin comentarios

A Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou esta mañá en Fitur a campaña Lugo Km 100, Lugo é o teu centro, coa que o Goberno de Lugo promocionará a cidade de cara á recuperación do turismo. Maite Ferreiro explicou que “esta é unha continuación da campaña iniciada no 2019, coa nosa chegada ao goberno, e coa que pretendemos poñer en valor o potencial turístico de Lugo, tanto o contido da cidade como a súa posición estratéxica como punto céntrico do turismo de proximidade na Galiza”.

Maite Ferreiro explicou que “Lugo atópase a 100 km de moitas zonas turísticas de Galiza, como A Coruña, A Mariña, Compostela ou a Ribeira Sacra, e contamos cun gran patrimonio histórico e cultural na nosa cidade”. Maite Ferreiro destacou “o esforzo realizado polas áreas dependentes da Tenencia de Alcaldía do Goberno de Lugo na mellora do camiño primitivo, o que permitiu que todas as persoas que chegan a Lugo poidan desfrutar do percorrido do camiño completamente renovado”, e avanzou que se continuarán a realizar accións “para mellorar a imaxe de Lugo, tanto no treito do camiño primitivo como no resto de zonas do concello”

A campaña Lugo Km 100 foi presentada na edición 2020 de Fitur, como unha aposta para poñer en valor a cidade de Lugo e o seu patrimonio histórico e cultural. A campaña está acompañada de diversas accións realizadas polas distintas áreas da Tenencia de Alcaldía para promocionar Lugo como punto de partida do Camiño Primitivo cumprindo cos 100 Km mínimos que se requiren para obter a Compostela.

O vídeo promocional da campaña Lugo Km 100, Lugo é o teu centro