Skip to main content
Axenda Caducada

O campus de Alex Llorca volta a Lugo en xullo

Por 24 Maio, 2021Xullo 11th, 2021Sin comentarios

Lugo acolle este verán dende o 5 ao 11 de xullo a sexta edición do campus Alex Llorca. As instalacións onde se realizará este campus serán o Pazo dos Deportes e o pabellón Anexo. Así mesmo tamén se levarán a cabo actividades en outras instalacións como a piscina municipal de Frigsa e o centro deportivo Forus.

Haberá dúas modalidades: de réxime interno no cal os nenos e nenas chegarán o domingo 4 de xullo ás 20:00 horas o Centro de Educación Especial Santa María de Lugo onde pernoctarán; e de réxime externo, no que chegarán o propio luns 5 de xullo ás 10:00 horas ao Pazo dos Deportes.

Os obxectivos do campamento é que os nenos e nenas disfruten do deporte en compañía de xogadores e xogadoras que non se atopan no entorno habitual, que non só aprendan de baloncesto, senón que socialicen e convivan nun espazo que primen os valores, entre outros.

Para máis información ou para inscribirse pódese contactar a través da web ou do facebook do propio campus.