Skip to main content
Lugo

Campaña de sensibilización en Lugo sobre o consumo de alcol na mocidade

Por 26 Maio, 2021Maio 27th, 2021Sin comentarios

Mauricio Repetto, responsable da área de Xuventude presentou este martes unha nova campaña de sensibilización sobre a venda e o consumo de alcol na mocidade enmarcada na programación do +Xti, organizada polo Concello e subvencionada polo Plan Nacional de Drogas, co obxectivo de facer un chamamento á reflexión sobre a responsabilidade individual e colectiva que todos temos ante los problemas relacionados co consumo de alcol, incidindo no fácil acceso que teñen os menores para adquirir bebidas alcohólicas.  

A campaña publicitaria, presentouse este martes en Gadis Ceao na que estivo presente Gonzalo Corredoira, Delegado de Lugo e Antonio Cortés Director RSC e tamén en Vegalsa Eroski no centro situado na Milagrosa á que asistiu Pedro Fraga, jefe de zona.  

Mediante displays de publicidade en interior e exterior, aplicacións en redes sociais e vídeos para o seu uso pretendemos facer “unha chamada á acción ás familias, vendedores, e os  propios novos para adoptar medidas que están ao alcance de todos, como evitar facer a vista gorda a esa realidade que non queremos ver: cando por exemplo vemos a mozos comprando alcol” explicaba o edil ao tempo que incidiu que pretendemos contribuír a que os rapaces e rapazas reflexionen sobre o seu comportamento.  

O Concello segue apostando pola concienciación dos máis novos e da comunidade, por iso continuarán informando dos riscos que implica o consumo excesivo de alcol, as consecuencias negativas na saúde a curto e longo prazo e a necesidade de ter un  comportamento cívico que garanta a convivencia entre todos.  

Campaña Coñece a miña historia

A campaña parte desa realidade que non queremos ver, dando visibilidade á historia que hai detrás de cada mozo. Para a mesma creáronse 3 personaxes ficticios que serán os  protagonistas.  

Tres historias que contan como conseguen alcol, a compra ilegal, con que frecuencia beben, hábitos de consumo, e os danos que produce na súa saúde (tanto física como psicoloxicamente). Historias contadas polos propios rapaces, con linguaxe coloquial adaptada aos mozos para que se sentan identificados cos personaxes.  

O obxectivo, é servir de apoio nas pautas que son básicas para a prevención, e axudarlles a  pensar e reflexionar en aspectos que ás veces non parecen importantes.