Skip to main content
Lugo

O parque Rosalía de Castro de Lugo acolle unha homenaxe a Xela Arias

Por 30 Maio, 2021Maio 31st, 2021Sin comentarios

Música de Eloi Caldeiro para encher de melodía os poemas de Xela Arias. Foi a homenaxe que se lle brindou na mañá de onte á autora lucense dentro da programación deseñada con motivo da celebración do Día das Letras Galegas.  

O concerto, que tivo lugar ás 13:00 horas no Parque Rosalía de Castro, foi o colofón dos actos organizados pola Casa da Muller para tratar de proxectar, durante este mes de maio, a achega realizada polas escritoras galegas á cultura, en prol da igualdade, como creadoras.  

As alumnas de 2º ESO do instituto Leiras Pulpeiro, Andrea Cruzado e Uxía Deiros, tamén interviron no recital. Ámbalas dúas foron as gañadoras do 2º premio do concurso de Tik Tok Lugo en Igualdade, cun vídeo que versa sobre a supresión das desigualdades.  

Previamente, ás 11:00 horas, tivo lugar a cuarta e última das Rutas Literarias pola cidade en honra a Xela Arias.