Skip to main content
Lugo

Rexeitada a moción de urxencia sobre correos promovida por UXT e CCOO

Por 31 Maio, 2021Sin comentarios

O pasado 25 de maio o PP presentou unha moción de urxencia no Pleno da Deputación, moción promovida por CCOO e UXT (sindicatos cun 70% de representación en Correos) en defensa do Servizo Público que presta Correos en Lugo e en contra dos recortes que a empresa pública está a levar a cabo na provincia, requirindo á SAE Correos e Telégrafos, á SEPI, ao Ministerio de Facenda, ao Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana e ao Goberno, que se adopten cantas medidas sexan necesarias para garantir a Prestación do Servizo Postal Público e a permanencia nesta provincia.

Según os sindicatos, “a moción non puido ser aprobada porque tanto o BNG como o PSOE se opuxeron á súa tramitación. A devandita moción recolle a necesidade de reforzar un financiamento claramente insuficiente que garanta, sobre todo en ámbitos con menor densidade de poboación (caso de Lugo), a prestación dun servizo público esencial de calidade e que permita manter o volume de emprego nas zonas rurais, claves na reversión da España Baleirada”.

Así mesmo, según os sindicatos CCOO e UXT, tanto os representantes políticos da Deputación de Lugo do PP como do BNG mostraran a súa preocupación e rexeitamento polos recortes que a empresa pública está a acometer en Lugo, e que afectan concretamente ao transvasamento de actividade de Correos a outros operadores con recortes de emprego en toda a provincia (O Corgo, Vilalba, A Pobra de Brollon entre outras, cun incremento da precarización do emprego estrutural a través das xornadas parciais en oficina, a última en Meira, xunto coa redución da contratación). Engadindo que “todo isto está a conlevar unha deterioración na calidade da prestación do servizo postal público que está a afectar directamente á cidadanía, así como a un persoal cada vez máis precarizada e cunha sobrecarga de traballo inasumible”.

“Pola súa banda o PSOE citáranos para o día 24 de maio ás 12 h pero cancelou a reunión unha hora antes. En consecuencia envióuselle por correo electrónico a moción proposta. Fomos citados novamente para o día 27, a unha reunión na que trataron de xustificar o seu non apoio á moción de urxencia do PP en que tiñan unha reunión pendente connosco e, tras a explicación da moción proposta, expresáronnos a súa intención de estudala” sinalaron.

Por esta razón, dende CCOO e UXT non entenden que BNG e PSOE quixeran tramitar a moción e opoñerse á mesma e seguran que “de non reverterse esta situación de despezamento do operador público continuaremos coas mobilizacións que actualmente se están levando a cabo en todo o país e non descartamos a convocatoria dunha Folga Xeral para reorientar as actuais políticas de recortes que se están acometendo por parte da empresa cara á aposta decidida dun modelo postal público de calidade que garanta a prestación deste servizo esencial”.