Skip to main content
Monterroso

Novo obradoiro infantil de teatro en Monterroso

Por 25 Maio, 2021Sin comentarios

Dende o 1 ao 30 de xuño celébrase en Monterroso un obradoiro infantil de teatro. A idade á que está dirixida esta actividade é a nenos e nenas de entre 5 e 10 anos e os horarios son de luns a venres de 16:30 a 18:00 horas.

O número de prazas é limitado e os nenos e nenas estarán divididos en dous grupos de 6. Dende o Concello recordan que se aplicarán as medidas anticovid que estean en vigor no momento de desenvolver a actividade.

O prezo do obradoiro é de 15 euros e para inscribirse ou para máis información pódese contactar co espazo cultural Lorenzo Varela.