Skip to main content
Deportes LUGOXADeportes TERRACHÁXAPol LUGOXAPol TERRACHÁXA

Lourdes López gañou o Raid Hípico Terras do Miño de Pol

Por 12 Maio, 2021Sin comentarios

A pasada fin de semana celebrouse o Raid Hípico Terras Do Miño de Pol no que participaron 35 xinetes e amazonas de toda Galicia, ademais xuntáronse o Galego de Raid e a proba Internacional.

A galadora da proba galega foi Lourdes López Real que conseguiu levar o triunfo por diante de Jairo Fonseca Vázquez e Paula López González, nun formato de 100 km. de percorrido celebrados en catro fases, dous primeiros de 28 e os outros dous de 22 quilómetros.

Na proba internacional a gañadora foi Alicia Pérez de la Blanca que acabou por diante de Laia Vaque e Lourdes López, que completou unha carreira espectacular.

Esta proba deixou un amargo sabor á amazona polense Rocío Díaz Cortón, xa que quedou no posto 14 do internacional. Díaz, que foi dúas veces campiona autonómica, fixo o percorrido nun tempo de 17:41:32 coa súa egua Sarabi D’Abalume.

O vindeiro campionato amateur sobre 120 quilómetros celebrarase os próximos 2 e 3 de xullo na mesma localización.