Skip to main content
Deportes RIBEIRASACRAXAO Saviñao

Novo campus de fútbol no Saviñao

Por 18 Maio, 2021Sin comentarios

As escolas deportivas do Saviñao acollen nos meses de xullo e agosto un campus de fútbol. O horario será de 10:30 a 12 horas e levarase a cabo nas instalacións do campo de fútbol e de fútbol sala de Escairón. A actividade está dirixida a nenos e nenas que se atopen entre os 4 e os 16 anos. Así mesmo, ademais das actividades relacionadas co fútbol, tamén se realizarán outras actividades multideportivas como senderismo ou ciclismo.

A inscrición para reservar praza deberá realizarse antes do 1 de xuño e pode facerse a través do número de teléfono 607 732 619 ou no correo jjvamsports@gmail.com. O importe da inscrición é de 60 euros ao mes e regalaráselle aos participantes unha camiseta e un pantalón de adestramento.