Skip to main content
Bóveda

Campamento de verán en Bóveda

Por 21 Maio, 2021Sin comentarios

O Concello de Bóveda organiza un campamento de verán para nenos e nenas de entre 4 e 13 anos. O horario será de 9:00 a 14:00 horas durante todo o mes de xullo.

As prazas son limitadas polo que os interesados poderán anotarse do 20 ao 27 de xuño. Para máis información ou para calquera dúbida pódese chamar o teléfono 982 42 61 77.