Skip to main content
Chantada

Alumnos do CEIP Xoán de Requeixo de Chantada participan nunha serie

Por 10 Maio, 2021Sin comentarios

O alumnado do CEIP Xoán de Requeixo de Chantada participou na serie audiovisual Outras voces para as letras de Xela con motivo das Letras Galegas.

Estudantes de  6º de Primaria protagonizaron un dos episodios da serie con lecturas de fragmentos de Non te amola!, un conxunto de relatos nos que a escritora sarriá retrata a súa infancia. Os textos, escritos nos anos noventa e inéditos ata a súa publicación este ano pola Editorial Galaxia, recollen as súas viviencias e lembranzas dunha etapa vital de tránsito entre a aldea en Sarria ata a preadolescencia en Vigo.  

O vídeo, estreado o pasado xoves, forma parte da serie Outra voces para as letras de Xela, que se está a difundir a través da canle de Youtube e das redes sociais.

Así mesmo, sinalouse que “os centros educativos están facendo nestes días un traballo moi importante na difusión da figura de Xela Arias entre o alumnado, o ensino é desde sempre un dos piares da celebracion das Letras Galegas, por iso quixemos incorporalo tamén a esta serie. Estes textos, nos que Xela Arias adopta a perspectiva dunha nena de nove anos para contar as vivencias desa etapa vital, ofrecen un oportunidade excepcional para facelo”.

Outras voces para as letras de Xela consta de quince capítulos que divulgan o legado da poeta de Sarria para a cultura galega do noso tempo a través de lecturas e interpretacións da súa obra e de reflexións biográficas. Interveñen familiares, escritores e escritoras, artistas e persoeiros da cultura, ademais de estudantes e persoas anónimas.

Os vídeos, con realización de Lorena Gallardo e fotografía Humberto Novoa, estréanse os martes e xoves ás 20.30 horas e quedan dispoñibles na canle de Youtube.