Skip to main content
Chantada

Xornada de actividades na Primavera Xove de Chantada

Por 15 Maio, 2021Maio 16th, 2021Sin comentarios

O vindeiro venres 21 de maio, no espazo xove de Chantada celebrarase a Feira da Primavera. A xornada está composta de varias actividades para mozos e mozas de entre 14 e 30 anos de idade.

A mañá comezará cunha conferencia interactiva sobre o obradoiro da sesión de tarde, así coma unha pequena actividade musical participativa para todas as persoas asistentes, relacionada co hip-hop. A sesión completarase cunha charla sobre o graffiti e estará a cargo de Velaísca, de TiamGz e de Marcos Fernández Cea, e o horario será de 10:00 a 13:00 horas.

Xa pola tarde, de 17:30 a 19:30 horas haberá dous obradoiros. Por unha beira, un obradoiro de hip-hop e rap onde se verá o contexto histórico destas disciplinas en Galicia e as bases da composición para, posteriormente, poñer en práctica o aprendido, facer unha colaboración entre artistas e, finalmente, unha actuación final.

Asemade, farase un obradoiro de graffiti que estará impartido por Marcos Fdez Cea.