Skip to main content
Axenda Caducada

Formación sobre transformación dixital no Ateneo Casino

Por 5 Maio, 2021Maio 11th, 2021Sin comentarios

A Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) de Lugo ofrece no Ateneo Casino, o próximo 11 de maio de 10:30 a 13:00 horas, unha formación que forma parte do ciclo de obradoiros que organiza a AJE ao longo do ano de maneira virtual e presencial para a consecución da transformación dixital 4.0.

No obradoiro falarase de ERP (Planificación de recursos de empresas) e CRM (Gestión de las relaciones con clientes) con Leticia Prada da Escuela de Emprendedores e con Computer 3, empresa especialista en transformación dixital.

A inscrición é gratuíta pero é preciso reservar previamente.

Para máis información ou para a inscripción pódese contactar a través do correo: info@ajelugo.com ou no tlf. 982 224 699