Skip to main content
Monforte

Nova sala no edificio xudicial de Monforte

Por 7 Maio, 2021Sin comentarios

O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, comprobou no día de onte as actuacións levadas a cabo no edificio xudicial de Monforte onde se levaron a cabo melloras na sede da Fiscalía e se creou unha sala de espera para as vítimas.

Concretamente a reforma afecta ao distribuidor da primeira planta do edificio, onde se ampliaron as oficinas da fiscalía cun novo despacho e se creou unha sala de espera para a vítima. Tamén foron instaladas novas luminarias en ambos espazos ademais de luminarias de emerxencias e diverso mobiliario. Contou en total cun orzamento de 14.000 euros.

O Goberno galego ten en marcha o Plan de Infraestruturas Xudiciais, dotado con 115 millóns de euros para levar a cabo actuacións necesarias nas sedes xudiciais galegas para modernizar e unificar os servizos xudiciais en Galicia co obxectivo de mellorar as instalacións existentes e prever as necesidades estruturais da planta xudicial galega.