Skip to main content
Monforte

Segue a promoción do polígono do Reboredo

Por 16 Maio, 2021Maio 18th, 2021Sin comentarios

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, recibiu de mans da xerente de Suelo Empresarial del Atlántico (SEA), Beatriz Sestayo Doce, o vídeo que esta entidade elaborou, co obxectivo de promocionar o Polígono Industrial de O Reboredo.

Ambos representantes institucionais mantiveron hai uns días unha xuntanza de traballo na que analizaron os últimos avances logrados no Polígono industrial de O Reboredo, un dos 13 que xestiona en Galicia esta empresa pública, dependente do Ministerio de Transportes.

Este vídeo promocional, ten por obxectivo dar a coñecer o enorme potencial deste polígono empresarial e da área de Monforte pola súa ubicación estratéxica. Neste senso, ambas entidades adquiriron o compromiso de difundilo nas súas respectivas webs e  redes sociais, nos distintos foros económicos nos que estean presentes tanto o SEA como o propio Concello, e tamén entre o ámbito empresarial, galego e estatal.

Na mesma liña, a xerente do SEA destacou que “difundir e promocionar a área empresarial de Monforte é unha das liñas de actuación prioritaria para nós dende o SEA, debido ós resultados que se están obtendo no polígono, cun incremento das operacións pechadas nos últimos tres anos”.

O vídeo, describe as posibilidades en canto a infraestruturas e servizos cos que conta o polígono, que pusúe unhas boas comunicacións, por atoparse a 1,5 Km da N-120 e tamén da futura autovía A-76, así como cunha ubicación xeográfica que o pode facer atractivo para as empresas.  Ademais, o vídeo tamén recolle imaxes da Ribeira Sacra e da cidade de Monforte e  xa se pode consultar na canle de Youtube do Concello.

Petición de ampliación do Polígono

De mesmo xeito, a pasada semana, o Concello monfortino solicitou formalmente a Suelo Empresarial del Atlántico a posta en marcha dos estudos necesarios para a ampliación do Polígono Industrial do Reboredo, petición que xa foi abordada na reunión que mantiveron a o mandatario monfortino e a xerente do SEA, quen destacou entón que “os datos reflexan que Monforte ten presente e moito futuro, cun polígono exemplo de motor de dinamización económica e da esencial creación de emprego”.

En concreto, o Concello monfortino solicitou ó SEA que se realicen ditos estudos de ampliación do Polígono do Reboredo e que tamén se leve a cabo a súa posterior implementación, baixo o criterio de duplicar a superficie actual do Polígono.